• Proyectos
  • Noticias

Invasoras

Debemos ter en conta que a pesar do respeto a tódolos seres deste planeta existen especies que invaden a nosa Terra, desprazando así as nosas Especies Autóctonas, o caso máis preocupante na actualidade é a proliferación e aumento da Vespa Velutina a cal non só mata as tan importantes abellas que tamén ocasiona mortes civís. Outro caso semellante ainda que noutro plan é o ben coñecido eucalipto que ademáis de contaminar o aire pola súa toxicidade provoca que nestes lugares se esqueza a vida tanto a diversidade de flora como de fauna. Existen máis exemplos destas e outras invasoras que faremos referencia noutras seccións a posteriori, como a Acacia, herba da pampa, et…

Elementos contaminantes

Eólicos

Os Parques Eólicos son unha das principais causas da desertización dos montes neste ano 2021, tendo en marcha máis de 1000 proxectos e moitos deles rozando a ilegalidade. Estes Parques Eólicos son debido a minerais de producción os culpabels directos doutros proxectos mineiros que contaminan parte dos nosos montes; ademáis disto ten unha gran culpabilidade no rendemento e saúde do gando destas zoas rurais.

Pirotécnia

A pesar de non ser unhas das nosas loitas máis directas, xa que o noso ámbito é fora do casco urbán é un dos problemas que sempre se deron en Galicia, por tradicións e innumerables verbenas. Este problema ademáis de ser contaminante acústico que mata a moitas das aves, fauna soterrada é tamén culpabel de algún que outro incendio.

Químicos

Dado no sistema que estamos inmerses temos unha grande cantidade de contaminantes Químicos que chegan as augas potables e ao noso aire en forma de polución descontrolada. Un destes axentes Químicos Contaminantes e como ben sabemos o dióxido de carbono dos nosos vehículos que xunto ao Glisofato que verten nas estradas e matan a grande parte de aves e outras especies as cales fan os seus micro hábitats nestas cunetas. Tamén é sabido por todes nos que empresas manipuladoras xenéticas con laboratorios en Galicia teñen prácticas antiéticas para enriquecerse da venta de certos fungididas, insecticidas, etc.