Costas

Tendo máis dun 50% do noso límite territorial bañado polas nosas costas e rías é importante que loitemos pola súa calidade e limpeza das augas sendo isto un dos potenciais económicos e turísticos máis importantes da Península Ibérica. Unha das grandes problemáticas que queremos arranxar é a contaminación que a elas chega.

Ríos

Sendo Galicia “A TERRA DOS MIL RÍOS” e tendo mais de 10.000 no seu territorio temos a grande responsabilidade de coidar de todos estos ríos e regatos que bañan os nosos montes xa que ísto é o que nos distingue da mayoría do territorio peninsular, tendo incluso o único río que desemboca nunha fervenza.

Humedais

Tanto pola biodiversidade destos humidais coma o resto das turbeiras é moi importante a inclusión destos en Redes Natura, zoas ZEPA, ZEC, RAMSAR, et… Por íso este ano 2020 promovimos unha grande recollida de mais de 80 asociacións de toda a península para obter a protección destos lugares medianto o regulamento REACH, que deste xeito estará prohibido o uso da munición con chumbo a partires de marzo do 2023. Tamén é sabido por todes nos que empresas manipuladoras xenéticas con laboratorios en Galicia teñen prácticas antiéticas para enriquecerse da venta de certos fungididas, insecticidas, etc.

Biobardas

Éste e o noso grande proxecto do 2021 onde queremos facer a primeira biobarda para ríos navegables. No 2019 poidemos importar por primeira vez a Europa estas biobardas que son feitas de refugallos reciclados (redes de mariñeiros, garrafas e botellas PET, et..) para poder frear e capturar todolos residuos flotantes que a elas chegan cunha efectividade aproximada do 95%. Ísto foi unha idea copiada de Honduras e Guatemala onde tiveron a oportunidade de comprobala e facer seguimento por parte dos seus gobernos.