Incendios

Coma xa dixemos anteriormente ésta asociación nace dun incendio que nos fixo plantearnos o futuro do Monte Galego. Grande parte da nosa Terra foi arrasada nos últimos tempos e cun dano causado que segundo os expertos xamáis poderase rexenerar por completo. Tanto polo dano permanente como pola morte case inmediata de toda a súa fauna debemos evitar calquera risco por pequeno que sea.

Causas

É ben sinselo pensar que o lume é inevitable porén debemos tomar precaucións e acción sempre e cando non comprometa a nosa seguridade nin entorpecemos a labor dos profesionais. Nos días As causas poden ser:

Naturais

A pesar de ser as mínimas son provocadas por algún raio en días de tormentas secas ou incluso días con choiva onde estivo seco días atrás.

Caption de la foto

Accidentais

Nunha parte destes poderíamos encadrar os de queimas controladas polos servizos antiincendios o cual non supón moito perigo pola proximidade destes medios. Por queimas de rastroxos da xente do rural e incluso por algunha parrillada que se pode ir un pouco das máns. E por suposto pola pirotecnia ou bombas de palenque aínda que sexan minoría.

Caption de la foto

Provocadas

Non só os pirómanos lle pegan lume os nosos montes sinon que ai moitos mais intereses por parte de gandeiros, cazadores e sobre todo grandes empresas que non poderemos nombrar e as cales por causas de proxectos de futuro e catro pesos están dispostas a rematar ca nosa Terra e con nos.

Caption de la foto

Solucións

Solución nunca atoparemos mentras non teñamos una conciencia ambiental absoluta todos e cada un de nos pero si que por medio de avisos inmediatos da sociedade ao servizo de emerxencias do 112 ou ao servizo antiincendios no 085. Tamén poderemos colaborar en denunciar calquera atitude sospeitosa no Tlf de denuncias anónimas no 900815085 sendo totalmente confidencial a información e privacidade do denunciante.

Emerxencias

Poñemos en marcha o distrito de emerxencias o cal é traballoso dado o número de socios activos que temos. Este distrito ou equipa de emerxencias se basa na lóxica despois de ver o desorden e falta de protocolo que poidemos comprobar en varios incendios. Neste protocolo queremos dar primeiramente axuda aos efectivos forestais ou calquera forza oficial que se presente ante todo con desaloxo de pistas de aceso e evacuación dos civís presentes. O segundo paso é o traslado dun dos nosos vehículos con carpa para a recollida e control de cada animal que se poida salvar tomando datos do animal, nome e DNI de quen o trae e sobre todo de quen o leva para así poder poñelo en mans de calqueira dos nosos veterinarios colaboradores ata poder soltalo nese monte si é posible a súa subsistencia.