Nos

A istoria desta asociación xurdiu en Nigrán naquel inferno do 2017, cando “queimaron Galicia” nunha grande parte do seu territorio. Foron días duros de coordinación, de batidas de rescate e alimentación dos cabalos salvaxes o que nos impulsou a seguir loitando dun xeito máis enfocado ao monte autóctono, excluíndo del o monocultivo de eucalipto ou calquera outra especie invasora. A pesar de contar con poucos socios activos, “de momento nas provincias da Coruña e Pontevedra” tentamos levar a cabo proxectos coma o das biobardas (barreiras anticontaminación que chegan a recoller un 95% dos residuos flotantes que baixan polos ríos, cun impacto ambiental prácticamente nulo) para os ríos, trampeo para velutinas, xerminación e reforestación de especies autóctonas, arrincado de eucaliptos, limpezas de ríos e praias, concienciación climática e ambienta. O feito de non ter presuposto nin medios fai que ideas coma a da biobarda, que importamos a Europa o pasado ano por primeira vez poidamos facela entre poucos, nun intre e con materiais de refugallo, polo que xa estamos traballando en facer neste ano 2021 a primeira do mundo para ríos navegables. Outra das súas grandes apostas é a de rematar coa caza, xa que ademáis de ser un punto de contaminación, é unha problemática dende o punto de vista da biodiversidade. Tamén temos unha rede de traballo na que centramos as nosas forzas en puntos coma os parques eólicos, a minería, macrogandeiría, pirotecnia e incendios, buscando solucións e demandando estas prácticas que poden e deben, segundo leis e tratados internacionais ser resoltas con responsabilidades civís e incluso penais. Hoxe en día conta con nove distritos onde un deles está adicado a emerxencias para que nun futuro poidan colaborar cos medios oficiais, dándolle servizo de vixiancia e control, rescate e proteción da fauna silvestre e un roupeiro de emerxencias que abastecerá a todo núcleo rural que o precise, así coma mantas para os cabalos, etc. Este roupeiro de emerxencia, que leva tempo preparado, será tamén o inicio dunha campaña de “prenda por prenda” ou similar, onde os socios e público poderán intercambiar esa ropa por outra axeitada para o seu fin, eliminando así unha problemática de reciclaxe que está entre as primeiras destes tempos de consumismo descontrolado e se a isto lle sumamos unha pandemia cos seus inconvintes, coma son os envases ou artigos dun só uso (mascarillas, luvas, toalliñas…), temos a combinación axeitada para rematar co pouco que nos queda - . Por este motivo tentamos concienciar da importancia de mascarillas reutilizables. Por outra banda, e dende fai tempo, facemos recollidas de garrafas e botellas para as biobardas que calquera nos poida encargar para os ríos de toda Galicia, que a Asociación do Monte Galego axudará a instalar. Ofrecen tamén a posibilidade de xestionar a segregación de terreos dos tecores de caza e asesoramento a cada particular que, coma moitas veces acontece, adoita rifar cos cazadores que non respetan as lindes nin a ditos propietarios. Isto é un exemplo de moito esforzo que xamáis será recompensado se non nos implicamos. Estamos a tempo de darle caña e loitar, por iso “pequenas asociacións con grandes proxectos” poden chegar a ter “a terriña que amamos”.