Fauna

Caza

Tendo máis dun 50% do noso límite territorial bañado polas nosas costas e rías é importante que loitemos pola súa calidade e limpeza das augas sendo isto un dos potenciais económicos e turísticos máis importantes da Península Ibérica. Unha das grandes problemáticas que queremos arranxar é a contaminación que a elas chega.

Prohibindo a caza acadaríamos un equilibrio na biodiversidade da nosa terra botando man das propias especies silvestres, coma pode ser o lobo, a raposa o coello e o Xabaríl. Unha das nosas metas xa logradas no 2020 foi a prohibición do Chumbo co regulamento REACH que prohíbe o uso deste perto dos humedais. A seguinte propósito sería facer cumplir as leis, rematando así con gran parte dos decores (terreo cinexéticamente ordeado) e con isto destapar o gran número de ilegalidades que neles se cometen. E inconcebible que con toda esta problemática existan granxas cinexéticas onde non só fan negocio co disfrute das matanzas que tamén dexeneran as nosas razas silvestres.

Macroganadería

Galiza sempre foi un dos paraísos do gando con múltiples recursos onde por suposto non podería faltar gran parte da nosa variedade gastronómica.

Prohibindo a caza acadaríamos un equilibrio na biodiversidade da nosa terra botando man das propias especies silvestres, coma pode ser o lobo, a raposa o coello e o Xabaríl. Unha das nosas metas xa logradas no 2020 foi a prohibición do Chumbo co regulamento REACH que prohíbe o uso deste perto dos humedais. A seguinte propósito sería facer cumplir as leis, rematando así con gran parte dos decores (terreo cinexéticamente ordeado) e con isto destapar o gran número de ilegalidades que neles se cometen. E inconcebible que con toda esta problemática existan granxas cinexéticas onde non só fan negocio co disfrute das matanzas que tamén dexeneran as nosas razas silvestres.

Flora

Xerminacións

O comezo das vidas é este, por iso é fundamental a nosa implicanción nestes proxectos, onde poden participar dende os máis cativos ata os máis maiores, rexenerando así o monte con especies autóctonas coma poden ser Castiñeiros, Carballos, Nogueiras... Por iso difundimos e concienciamos sobre esta gran labor, que o monte no-lo agradecerá.

Invasoras

A nosa principal problemática é o Eucalipto habiendo máis de 450 mil hectáreas en espazos protexidos inclusive, coma acontece a carón de Rios, Turbeiras , Brañas e otros humedais secando e desertizando a nosa paixase e poñendo en perigo a poboación por risco de incendios, dado que son espècies pirófitas. Estas especies non só entrañan este risco, senón que tamén se rexeneran en zonas queimadas.

Outra especie que nos amola é a Acacia, a pesar de non ser tan coñecida, esta invasora chegou ata a nosa terra moito antes co eucalipto.

Patrimonio

A diversidade nos patrimonios culturais galegos comeza dende o punto de visto da antropoloxía moderna e local. As nosas valoración máis profundas atinxen ao noso Patrimonio Cultural e Natural.

Oral

Para pornos en contexto, a oralidade foi transmitida dende as xeracións ancestrais ata os nosos días, deste xeito valoramos a visión e sensibilidade matrical como base para presentarvos a burbulla patriarcal imposta dende a Cristianización colectiva e Romana. Sensibilidade Matriarcal como o patrimonio Musical transmitido Oralmente de Avoas a netas, compartindo unha mesma base en todo o territorio Galaico-Portugués.

Comunal

Dados os tempos que corren, estase a facer unha muda do sistema forestal e as súas Comunidades de Montes, tendo estas unha gran importancia nos aproveitamentos forestais e gandeiros. A parte máis significativa deste proceso é a incorporación de mulleres e xente nova cunha perspectiva máis diversa e ecolóxica. Estas novas comunidades apostan sobretodo pola Transparencia e coidados de seu entorno.

Natural

Sendo Galiza unha das xoias valorando a súa riqueza natural e paisaxística debemos conservar e defendernos de certas actuacións por parte das administración quenes esquecen dita riqueza, habendo proxectado despropósitos coma as grandes exprotacións mineiras e outras enerxías que nos queren facer pasar por enerxías limpas. Outras destas perdas que acontecen acotío son a destrucción do noso patrimonio social/artístico coma poden ser mámoas, castros, petroglifos

Minaría

As formas de explotar a gran escala e incluso a ceo aberto os nosos minerais, provoca a expulsión de terras raras, gases contaminantes, e tenden a alterar a nosa paisaxe. Tendo exemplos coma o da Mina da Serra do Suido que contaminaría como mínimo dúas das Rias Baixas e centos de pozos, ríos, manantiais, et… Parte destas grandes minas son para alimentar o negocio dos eólicos co expolio que iso conleva por parte das administracións, expropiando terras dos nosos ancestros.